Noticias y alertas

🏆 O DEPORTE PONTÉS SERÁ O GRAN PROTAGONISTA DO PREGÓN DAS FESTAS DO CARME E A FRAGA 2026 📅 O vindeiro 17 de xullo, ás...

16/07/2026

🏆 O DEPORTE PONTÉS SERÁ O GRAN PROTAGONISTA DO PREGÓN DAS FESTAS DO CARME E A FRAGA 2026
📅 O vindeiro 17 de xullo, ás 20:30 horas, o Parque Municipal acollerá un pregón moi especial: unha homenaxe colectiva a todas as persoas que representan As Pontes a través do deporte.
🥇 Deportistas de diferentes modalidades subirán ao escenario para poñer voz a unha realidade moito máis ampla: a de todos os clubs, equipos, familias e persoas que adestran, compiten e traballan cada día para levar o nome do municipio por numerosos escenarios deportivos.
Non será unha homenaxe individual, senón unha celebración do deporte pontés no seu conxunto, desde as categorías de base ata a competición de maior nivel.
🌟 As persoas encargadas de representar este orgullo colectivo serán:
🔹 Antonio Polo, referente histórico do piragüismo pontés.
🔹 Sergio Peón, símbolo de superación e de rutura de barreiras.
🔹 Felipe Peña, representante da esixencia e resistencia do raid de aventura.
🔹 Antonio Otero, representante do mundo do motor pontés.
🔹 Darío Vivero, exemplo da evolución das novas disciplinas deportivas co pádel.
🔹 Paula Fornos, representación do presente e do futuro do rugby.
🔹 Daniela Feal, exemplo do crecemento e da consolidación do fútbol sala feminino.
🔹 Elena Corrales, exemplo da rápida progresión do Dragon Boat.
🔹 Esteban Díaz, demostración de que o deporte non entende de idades.
🔹 Manuel Pellón, referente do esforzo e da superación no enduro.
Tamén estarán presentes as familias de tres deportistas que forman parte da historia deportiva das Pontes e que non nos poden acompañar por compromisos profesionais e persoais:
🏀 Carmela Permuy, pioneira do baloncesto profesional.
⚽ Malena Mieres, exemplo do talento pontés no fútbol profesional.
🎯 Artemio Formoso, referente da inclusión e da superación no deporte adaptado.
💙 Este pregón quere recoñecer algo máis que os resultados: as horas de adestramento, os sacrificios, o apoio das familias, o compañeirismo e todos os esforzos que hai detrás de cada competición.
Máis info: https://vive.aspontes.org/actualizacion-o-deporte-pontes-s…/

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies