Noticias e alertas

🎶 Este venres chega o Festival da Fraga! 🎶 As Festas do Carmen e da Fraga continúan cunha das súas citas musicais máis...

21/07/2026

🎶 Este venres chega o Festival da Fraga! 🎶
As Festas do Carmen e da Fraga continúan cunha das súas citas musicais máis agardadas. A partir das 22:30 horas, o escenario do Festival da Fraga reunirá catro propostas moi diferentes que prometen unha noite chea de ritmo e boa música.
🎤 Alana, trío musical galego, mestura a música tradicional galega, con pandeiretas e cantos de regueifa, con ritmos pop e bases electrónicas, creando un son innovador que conecta tradición e modernidade.
🎸 Xosé Liz, Xosé Liz, considerado un dos grandes mestres da corda pulsada da Península Ibérica, é multiinstrumentista, compositor, intérprete, arranxista e docente de recoñecido prestixio no ámbito do folk e da música celta, presenta un directo no que tradición, virtuosismo e innovación musical van da man.
🌿 Ortiga, un dos nomes máis singulares da escena galega, fará bailar ao público coa súa mestura de cumbia, electrónica, pop e ritmos urbanos, nun espectáculo fresco, divertido e cheo de personalidade.
🥁 Mekanika Roll in Band completará o cartel cun potente directo no que o rock, o ska e o funk se unen para poñer o broche final a unha noite inesquecible.
📍 Festival da Fraga
🕥 Venres | a partir das 22:30 horas
Unha oportunidade perfecta para gozar da música en directo e seguir vivindo as Festas do Carmen e da Fraga. ¡Agardámosvos!
#FestivalDaFraga #FestasDoCarmenEDaFraga #MúsicaEnDirecto #Alana #XoséLiz #Ortiga #MekanikaRollInBand

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies