⚠️ AVISO Á CIDADANÍA | Voladura das torres de refrixeración da central térmica
O vindeiro xoves, 30 de xullo, ás 16:00 horas, realizarase a voladura controlada das catro torres de refrixeración da antiga central térmica, un operativo que contará cun amplo dispositivo de seguridade para garantir o seu correcto desenvolvemento.
📌 Información de interese
🗓️ Data: 30 de xullo de 2026
🕓 Hora da detonación: 16:00 h
⏱️ Duración: 1,2 segundos. As catro torres caerán de forma simultánea.
🔊 Nivel de ruído: será similar ao producido por uns fogos artificiais.
🚧 Restricións de tráfico
Por motivos de seguridade, entre as 15:30 e as 16:30 horas permanecerán cortados os seguintes accesos e tramos de estrada
• AC-861, dirección As Pontes.
• DP-1802, conexión coa AC-861.
• AC-861, acceso á depuradora e Vilabella.
• AC-861, acceso á central térmica.
• AC-861, dirección Ferrol.
• AC-861, dirección Os Airíos (tres puntos de corte).
• AC-861, dirección As Pontes.
🚫 Durante ese intervalo non estará permitido o acceso á zona de seguridade nin á área de exclusión establecida para a operación.
👉 Desde o Concello recoméndase planificar os desprazamentos con antelación, evitar circular pola contorna durante o tempo previsto para os cortes e seguir en todo momento as indicacións das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencia.