COMPARTIMOS
🌍🏉 O deporte tamén é un espazo para impulsar o diálogo, a innovación e o desenvolvemento sustentable.
O vindeiro 31 de xullo, o Beach Rugby Vila das Pontes celebrará o I Foro sobre Sustentabilidade, Deporte & Empresa, un encontro que reunirá administracións, empresas e entidades para reflexionar sobre o papel do deporte como motor de desenvolvemento social, económico e sustentable.
Durante a xornada participarán representantes de ENCE, Reganosa, Intacta, ALVAC, Daveiga e do Instituto para a Transición Xusta (ITJ), que compartirán experiencias e iniciativas relacionadas coa sustentabilidade, a innovación social, a diversidade e a transición enerxética.
Ademais, celebrarase unha mesa redonda aberta ao público, moderada por Ángel Prieto.
📅 Venres, 31 de xullo
⏰ 11:00 h
📍 Carpa Beach Rugby – Lago das Pontes
🎟️ Entrada de balde.
Animámosvos a participar nesta iniciativa enmarcada na VI edición do Beach Rugby Vila das Pontes! #AsPontes #BeachRugby #Deporte #Sustentabilidade #Empresa #TransiciónXusta