🚧 NOVAS OBRAS DE MELLORA DA REDE VIARIA MUNICIPAL
O Concello das Pontes licita as obras do proxecto de recuperación de espazos degradados mediante a adecuación das gabias de drenaxe, cun investimento de 119.053,16 euros, financiado con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.
📍 As actuacións desenvolveranse en diferentes zonas rurais das parroquias de San Pedro de Eume, A Faeira, Bermui, O Aparral, O Freixo e As Pontes.
💧 Os traballos permitirán:
✔️ Mellorar a evacuación das augas pluviais
✔️ Reducir os procesos de erosión
✔️ Reforzar a protección das estradas e dos noiros
✔️ Mellorar o funcionamento das infraestruturas de drenaxe
As obras incluirán a limpeza e adecuación de gabias, a execución de gabias de seguridade revestidas e a colocación de tubos pasacunetas en distintos puntos da rede viaria municipal.
Unha actuación destinada a mellorar a conservación das vías e favorecer a recuperación de zonas afectadas pola acción da auga.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-impulsa-un…/
#AsPontes #Obras #Infraestruturas #MedioAmbiente