COMPARTIMOS
🌿 Nova convocatoria para impulsar proxectos no Parque Natural das Fragas do Eume
Este mes de setembro, a Fundación RIA abrirá unha convocatoria destinada a apoiar iniciativas que contribúan á conservación, á xestión sustentable e ao desenvolvemento local das Fragas do Eume e da súa contorna.
A convocatoria estará dirixida a persoas, empresas, cooperativas, asociacións, fundacións, comunidades de montes, centros educativos, universidades, administracións públicas e outras entidades vinculadas aos cinco concellos do parque: *Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes.
As iniciativas seleccionadas recibirán:
✅ Acompañamento técnico.
✅ Apoio á comunicación e difusión.
✅ Apoio económico para facilitar a súa posta en marcha.
Esta iniciativa forma parte do proceso de planificación estratéxica que a Fundación RIA desenvolve co apoio da Fundación MOP para avanzar cara a un modelo de conservación activa e desenvolvemento sostible das Fragas do Eume, promovendo proxectos con impacto real e duradeiro no territorio.
📅 Todos os detalles sobre as bases e o calendario de presentación de propostas daranse a coñecer no lanzamento oficial da convocatoria durante o mes de setembro.
Máis info: https://fundacionria.org/…/ria-impulsara-una-convocatoria-…/
#FragasDoEume #FundaciónRIA #DesenvolvementoLocal #Sustentabilidade #Participación #Territorio #Patrimonio #Galicia