Noticias e alertas

🌱🏉 As Pontes acollerá o I Foro sobre Sostibilidade “Deporte&Empresa” 🌱 O próximo venres 31 de xullo, o Lago de As Pon...

24/07/2026

🌱🏉 As Pontes acollerá o I Foro sobre Sostibilidade “Deporte&Empresa” 🌱
O próximo venres 31 de xullo, o Lago de As Pontes será o punto de encontro de empresas, institucións e entidades sociais nunha xornada para falar de sostibilidade, innovación social e futuro do territorio.
No marco do Beach Rugby Vila de As Pontes, este foro reunirá a empresas e entidades de referencia como Alvac, Intacta Gestión Ambiental, Reganosa, Ence e o Instituto para a Transición Xusta (ITJ), que compartirán os seus proxectos e experiencias en materia ambiental, social e económica.
💬 Un espazo para reflexionar sobre como a colaboración entre administración, tecido empresarial e comunidade local pode contribuír a construír un modelo de desenvolvemento máis sostible, inclusivo e con novas oportunidades para o municipio.
📌 Programa da xornada:
🕚 11:00 h | Inauguración do foro
🕚 11:20 h | Presentación e introdución ao encontro con Ángel Prieto Soto
🌿 11:00 h | Ruta de educación ambiental polo Lago de As Pontes, guiada polo CEIDA
🏢 11:30 h | Presentacións de iniciativas de sostibilidade das entidades participantes
💬 12:30 h | Mesa de debate sobre sostibilidade nos pequenos municipios
🤝 13:30 h | Espazo de networking
Ademais, o encontro poñerá o foco na inclusión laboral das persoas con discapacidade, en conexión co carácter mixed ability da primeira xornada do torneo de Beach Rugby.
📍 Carpa Beach Rugby – Lago de As Pontes
📅 Venres 31 de xullo
🎟️ Entrada gratuíta
Unha oportunidade para compartir coñecemento, xerar colaboracións e seguir avanzando cara a un futuro máis sostible para As Pontes. 💚
#AsPontes #Sostibilidade #DeporteEmpresa #BeachRugbyVilaDeAsPontes #TransiciónEcolóxica #InnovaciónSocial

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies