🏆⛵ As Pontes volve brillar na elite mundial da vela!
Parabéns ás regatistas do Club de Vela Fluvial As Pontes polos excelentes resultados acadados no 64º Campionato do Mundo da clase Vaurien, celebrado en Travemünde (Alemaña).
🥈 Alba Abril e Paula González proclamáronse subcampioas do mundo, tras unha brillante competición.
🥉 Pola súa banda, Jimena Abril, formando tripulación con Mencía García (Real Club Náutico de Vigo), conseguiu unha magnífica terceira posición, completando un podio con forte presenza pontesa.
O campionato reuniu 60 tripulacións de nove países e estivo marcado pola alta esixencia deportiva, con condicións meteorolóxicas cambiantes e un gran nivel competitivo.
Estes resultados son un novo motivo de orgullo para As Pontes e recoñecen o gran traballo que realiza o Club de Vela Fluvial, situando unha vez máis o nome do noso concello entre a elite internacional da vela lixeira.
👏 Parabéns ás deportistas, ao club e a todas as persoas que fan posible estes éxitos. Seguide levando o nome de As Pontes ao máis alto!
#AsPontes #OrgulloPontés #Vela #Vaurien #DeporteGalego #CVFAsPontes