🌞🌑 AS PONTES, UN LUGAR PRIVILEXIADO PARA VIVIR O ECLIPSE TOTAL DE SOL
📍 Como será o eclipse nas Pontes?
🕢 Inicio da fase parcial: arredor das 19:30 h.
🌑 Totalidade: sobre as 20:27 h.
⏳ Duración aproximada: 1 minuto.
🌘 Fin do eclipse: arredor das 21:20 h.
👓 Como observar o eclipse con seguridade?
Utiliza sempre gafas homologadas para a observación de eclipses, certificadas coa norma ISO 12312-2.
✔️ Antes de usalas
Comproba que as gafas están homologadas e cumpren a norma ISO 12312-2.
Revisa que non estean rotas, raiadas, perforadas ou deterioradas. Se presentan danos, non as utilices.
✔️ Durante a observación
Coloca as gafas antes de mirar ao Sol.
Mantén as gafas postas durante todo o tempo que mires ao eclipse.
Ao deixar de observalo, aparta primeiro a vista do Sol e despois retira as gafas.
🚫 Non son seguras
Lentes de sol.
Cristais afumados.
Radiografías.
Negativos fotográficos.
CDs, DVDs ou calquera outro método caseiro. Ningún deles protexe a vista
🔭 Nunca observes o sol con prismáticos, telescopios ou cámaras sen filtros solares específicos colocados diante do obxectivo.
🚗 Planifica o teu desprazamento
• Consulta previamente o lugar desde o que vas observar o eclipse.
• Evita deter o vehículo en beiravías, pontes ou zonas non habilitadas.
• Sigue sempre as indicacións das autoridades e dos servizos de emerxencia.
💧🌞 Prepárate para pasar varias horas ao aire libre
✔️ Leva auga suficiente.
✔️ Usa gorra, roupa lixeira e protección solar.
✔️ Se é posible, busca zonas con sombra ata o momento da observación.
🌳 Coidemos a contorna
• Respecta os espazos naturais.
• Non deixes lixo.
• Evita facer lume ou calquera actividade que poida provocar un incendio.
✨ O eclipse total de Sol será un acontecemento histórico e unha oportunidade única para gozar da ciencia e da natureza. Vivámolo con responsabilidade e seguridade.
ℹ️ Información baseada nas recomendacións oficiais do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a Comisión Científica de Asesoramento do Trío de Eclipses, o Instituto Geográfico Nacional (IGN) e Protección Civil.
Máis info: https://www.ciencia.gob.es/…/recomendaciones-observacion-se…