🌞🌑 AS PONTES, UN LUGAR PRIVILEXIADO PARA VIVIR O ECLIPSE TOTAL DE SOL
📍 Como será o eclipse nas Pontes?
🕢 Inicio da fase parcial: arredor das 19:30 h.
🌑 Totalidade: sobre as 20:27 h.
⏳ Duración aproximada: 1 minuto.
🌘 Fin do eclipse: arredor das 21:20 h.
👓 Como observar o eclipse con seguridade?
✔️ Durante todas as fases parciais é obrigatorio usar lentes homologadas para eclipses (ISO 12312-2)
✨ Só durante a totalidade, cando o sol estea completamente cuberto pola lúa, poderán retirarse as lentes para contemplar o fenómeno a simple vista.
⚠️ En canto reapareza o primeiro raio de Sol, hai que volver poñelas inmediatamente.
🚫 Non empregues lentes de sol, radiografías, cristais afumados, CDs ou filtros caseiros. Non son seguros.
🔭 Nunca observes o sol con prismáticos, telescopios ou cámaras sen filtros solares específicos colocados diante do obxectivo.
🚗 Planifica o teu desprazamento
• Consulta previamente o lugar desde o que vas observar o eclipse.
• Evita deter o vehículo en beiravías, pontes ou zonas non habilitadas.
• Sigue sempre as indicacións das autoridades e dos servizos de emerxencia.
💧🌞 Prepárate para pasar varias horas ao aire libre
✔️ Leva auga suficiente.
✔️ Usa gorra, roupa lixeira e protección solar.
✔️ Se é posible, busca zonas con sombra ata o momento da observación.
🌳 Coidemos a contorna
• Respecta os espazos naturais.
• Non deixes lixo.
• Evita facer lume ou calquera actividade que poida provocar un incendio.
✨ O eclipse total de Sol será un acontecemento histórico e unha oportunidade única para gozar da ciencia e da natureza. Vivámolo con responsabilidade e seguridade.
ℹ️ Información baseada nas recomendacións oficiais do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a Comisión Científica de Asesoramento do Trío de Eclipses, o Instituto Geográfico Nacional (IGN) e Protección Civil.
Máis info: https://www.ciencia.gob.es/…/recomendaciones-observacion-se…