🌿 O Lago das Pontes acolle a primeira edición do Foro sobre Sostibilidade "Deporte&Empresa"
📅 O vindeiro venres 31 de xullo, o Lago das Pontes converterase nun espazo de encontro, reflexión e aprendizaxe arredor da sostibilidade, a innovación social e o futuro dos territorios en transformación.
🕚 A partir das 11:00 horas, na carpa do Beach Rugby, celebrarase o I Foro sobre Sostibilidade "Deporte&Empresa", coa participación de empresas e entidades de referencia como Alvac, Intacta Gestión Ambiental, Reganosa, Ence e o Instituto para a Transición Xusta (ITJ), que compartirán experiencias e proxectos en materia ambiental, social e económica.
🌱 De forma paralela e aberta ao público, ás 11:00 horas dará comezo unha Ruta Interpretativa arredor do Lago das Pontes, guiada por Jorge Gudez, educador ambiental do CEIDA.
🚶♀️ A ruta inclúe:
✅ 4 km de percorrido (1 hora e 30 minutos).
🦆 Descubrimento do patrimonio natural: aves, ribeira e vexetación.
⛏️ Coñecemento da memoria mineira e da transformación "Da Mina ao Lago".
🏡 Achegamento ao patrimonio cultural das Pontes.
♻️ Recollida simbólica de residuos para contribuír ao coidado da contorna.
Un percorrido para descubrir como unha antiga explotación mineira a ceo aberto se converteu nun exemplo de rexeneración ambiental, onde natureza e memoria colectiva conviven hoxe nun espazo único.