Noticias e alertas

🎉 O Mar de Lecer volve ao lago das Pontes cunha gran noite de música, animación e luz! 🌊✨ O lago das Pontes será o esc...

28/07/2026

🎉 O Mar de Lecer volve ao lago das Pontes cunha gran noite de música, animación e luz! 🌊✨
O lago das Pontes será o escenario dunha nova edición do Mar de Lecer, unha celebración para conmemorar o aniversario deste espazo emblemático da vila cunha programación deseñada, coa colaboración de Cultura da Deputación da Coruña para desfrutar en familia.
📍 Lago das Pontes
📅 7 de agosto
🎪 18:00 h – Fredy Circanelo
Circo, humor, malabares e participación do público nun espectáculo para todas as idades.
🎭 20:00 h – Troula Animación: “Psicodelia”
Unha proposta chea de cor, música e fantasía que transformará o lago nun gran escenario de rúa.
🎺 21:30 h – Galifunk Brass: Xira 26
Un concerto cargado de enerxía e ritmo, cunha mestura de funk, ska, rock e jazz para facer bailar ao público.
🎆 23:00 h – Espectáculo pirotécnico
O ceo das Pontes iluminarase nun dos momentos máis agardados da noite.
🎧 23:15 h – DJ Chiña
A música continuará cunha sesión festiva para poñer o broche final a esta nova edición do Mar de Lecer.
🌿 Cultura, música e diversión nua contorna única.
O cartel desta edición foi deseñado polo artista pontés Luis Torrente, achegando a súa visión creativa á imaxe dunha cita xa consolidada no calendario cultural das Pontes.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-celebra-o-aniversario-…/
#MarDeLecer #AsPontes #LagoDasPontes #Cultura #VeránNasPontes

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies