Noticias e alertas

🎉 O Mar de Lecer está de volta ao lago das Pontes! 🌊✨ O vindeiro 7 de agosto celebramos unha nova edición desta gran c...

30/07/2026

🎉 O Mar de Lecer está de volta ao lago das Pontes! 🌊✨
O vindeiro 7 de agosto celebramos unha nova edición desta gran cita para conmemorar o aniversario dun dos espazos máis emblemáticos da nosa vila. Unha tarde-noite chea de circo, animación, música e un espectacular peche con fogos artificiais e sesión DJ, coa colaboración de Cultura da Deputación da Coruña.
📍 Lago das Pontes
📅 7 de agosto
🎪 18:00 h | Fredy Circanelo
Circo, humor, malabares e moita participación para toda a familia.
🎭 20:00 h | Troula Animación – "Psicodelia"
Un espectáculo de rúa cheo de cor, música e fantasía.
🎺 21:30 h | Galifunk Brass – Xira 26
Funk, ska, rock e jazz nun concerto cargado de enerxía.
🎆 23:00 h | Espectáculo pirotécnico
Un dos momentos máis especiais da noite.
🎧 23:15 h | DJ Chiña
A festa continúa para despedir o Mar de Lecer ao grande.
🌿 Unha proposta para desfrutar en familia e con amizades nunha contorna única.
🎨 O cartel desta edición é obra do artista pontés Luis Torrente, que achega a súa creatividade á imaxe dunha cita xa imprescindible no calendario cultural das Pontes.
💙 Agardámoste para vivir unha noite inesquecible!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies