Se che apaixoa o ganchillo ou queres seguir aprendendo, reserva esta data! 📅
📍 9 de agosto
🏨 Hotel Portas das Fragas (A Capela)
Da man de Laura Carmona, máis coñecida como Susimiu, unha das deseñadoras de crochet máis recoñecidas de España, poderás aprender a técnica JAYG (Join As You Go) para confeccionar un fermoso top. 👚🧵
Ademais, a xornada incluirá un delicioso almorzo buffet ☕🥐, perfecto para compartir unha mañá de creatividade, aprendizaxe e bo ambiente. 💚
🌟 Con raíces galegas, Susimiu converteu a súa paixón polo crochet nun referente para milleiros de persoas, destacando polos seus deseños actuais, a súa creatividade e a súa forma clara e próxima de ensinar.
Unha oportunidade única para aprender dunha gran profesional e desfrutar dunha experiencia chea de inspiración. ✨
🤝 Unha iniciativa organizada por Puntadas con Agarimo.