Noticias e alertas

🌞🌑 Xa queda menos para vivir un momento histórico! As Pontes será un dos lugares privilexiados para contemplar o eclip...

31/07/2026

🌞🌑 Xa queda menos para vivir un momento histórico!
As Pontes será un dos lugares privilexiados para contemplar o eclipse total de sol do vindeiro 12 de agosto. Un fenómeno único que non se repetirá ata dentro de moitos anos. ✨
📍 Horarios aproximados nas Pontes
🕢 Inicio da fase parcial: 19:30 h
🌑 Totalidade: 20:27 h
⏳ Duración: 1 minuto
🌘 Fin do eclipse: 21:20 h
⚠️ A túa vista é o primeiro. Observa o eclipse con seguridade.
👓 Emprega sempre gafas homologadas (ISO 12312-2) durante todo o tempo que mires ao sol, tanto na fase parcial como na totalidade, agás durante o breve minuto de eclipse total, cando o Sol estea completamente cuberto pola lúa. Antes de volver mirar ao sol ao rematar a totalidade, é imprescindible poñer de novo as gafas.
✅ Comproba que as gafas non estean raiadas, rotas ou deterioradas.
🚫 Non uses lentes de sol, radiografías, cristais afumados, negativos, CDs, DVDs nin outros métodos caseiros.
🔭 Nunca observes o sol con prismáticos, telescopios ou cámaras sen filtros solares específicos.
🚗 Planifica o teu desprazamento
✔️ Escolle con antelación o lugar de observación.
✔️ Non estaciones nin deteñas o vehículo en beiravías, pontes ou zonas non habilitadas.
✔️ Sigue sempre as indicacións das autoridades e dos servizos de emerxencia.
💧🧢 Prepárate para pasar varias horas ao aire libre
💦 Leva auga suficiente.
🧴 Usa protección solar.
🧢 Ponte gorra e roupa lixeira.
🌳 Sempre que sexa posible, permanece á sombra ata o momento da observación.
🌿 Coidemos a nosa contorna
🚯 Non deixes lixo.
🔥 Non fagas lume nin realices actividades que poidan provocar incendios.
🌱 Respecta os espazos naturais.
✨ Vivamos este acontecemento único con responsabilidade para desfrutar dunha experiencia inesquecible.
ℹ️ Información baseada nas recomendacións do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a Comisión Científica de Asesoramento do Trío de Eclipses, o Instituto Geográfico Nacional (IGN) e Protección Civil.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies