📢 AVISO Á VECIÑANZA | ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO 🎆
O venres, 7 de agosto, ás 23:00 horas, terá lugar un espectáculo pirotécnico no Lago das Pontes, dentro da programación do Mar de Lecer. 🌊✨
💙 Somos conscientes de que o ruído provocado pola pirotecnia pode resultar molesto ou causar malestar a algunhas persoas, especialmente a quen presenta autismo, hipersensibilidade sensorial, enfermidades neurodexenerativas ou outras condicións que afectan á percepción do son. Tamén pode afectar a bebés e crianzas pequenas, persoas maiores e aos animais.
⏰ Por este motivo, informamos con antelación para que as persoas que o precisen, así como as súas familias e persoas coidadoras, poidan organizarse e adoptar as medidas que consideren máis axeitadas.
🙏 Grazas pola vosa comprensión e colaboración. Entre todas e todos contribuímos a facer compatible o desfrute das celebracións co benestar de toda a veciñanza. 💙