Noticias e alertas

🏗️Rematan as obras de reparación da ponte sobre o río Chamoselo, na Pedrafita (parroquia do Aparral), recuperando unha...

04/08/2026

🏗️Rematan as obras de reparación da ponte sobre o río Chamoselo, na Pedrafita (parroquia do Aparral), recuperando unha conexión viaria esencial que resultara gravemente danada polas fortes precipitacións rexistradas nos últimos dous anos.
✅ A actuación, cun investimento de 96.110 €, permitiu substituír a antiga infraestrutura por unha nova ponte de formigón armado, máis segura e resistente, asentada sobre novos muros de escollera que reforzan a estabilidade da estrada.
🚧 Ademais, renovouse o firme nun treito de aproximadamente 50 metros, mellorando as condicións de circulación e garantindo a durabilidade da vía.
🔜 Nos vindeiros días completaranse os últimos traballos coa instalación das biondas de seguridade, deixando a actuación totalmente finalizada.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-remata-as-…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies