05/08/2026
COMPARTIMOS 📰 🚴♂️💙 A canteira ciclista pontesa segue dando alegrías
O deporte das Pontes volve ter motivos para presumir grazas aos excelentes resultados acadados polas nosas promesas do ciclismo.
O pontés Gabriel Álvarez Alonso, do Pulpeiros GFR Performance, proclamouse vencedor da categoría infantil na proba de MiniDH disputada en Manzaneda.
Pola súa banda, Unai Alonso Carballo asinou unha destacada fin de semana, situándose entre os mellores nas dúas competicións nas que participou: foi 4º na categoría Promesa en Manzaneda e 7º en Betanzos.
Uns resultados que reflicten o gran momento que vive a canteira ciclista das Pontes e o talento dos nosos deportistas, que continúan levando o nome da vila ás primeiras posicións das competicións galegas.
👏 Parabéns a Gabriel e Unai polos seus éxitos, e tamén ás súas familias, clubs e adestradores polo traballo e apoio que hai detrás de cada logro.
#AsPontes #OrgulloPontés #DeporteBase #Ciclismo
Más Información