Noticias e alertas

COMPARTIMOS 📰 🚴‍♂️💙 A canteira ciclista pontesa segue dando alegrías O deporte das Pontes volve ter motivos para pres...

05/08/2026

COMPARTIMOS 📰 🚴‍♂️💙 A canteira ciclista pontesa segue dando alegrías
O deporte das Pontes volve ter motivos para presumir grazas aos excelentes resultados acadados polas nosas promesas do ciclismo.
O pontés Gabriel Álvarez Alonso, do Pulpeiros GFR Performance, proclamouse vencedor da categoría infantil na proba de MiniDH disputada en Manzaneda.
Pola súa banda, Unai Alonso Carballo asinou unha destacada fin de semana, situándose entre os mellores nas dúas competicións nas que participou: foi 4º na categoría Promesa en Manzaneda e 7º en Betanzos.
Uns resultados que reflicten o gran momento que vive a canteira ciclista das Pontes e o talento dos nosos deportistas, que continúan levando o nome da vila ás primeiras posicións das competicións galegas.
👏 Parabéns a Gabriel e Unai polos seus éxitos, e tamén ás súas familias, clubs e adestradores polo traballo e apoio que hai detrás de cada logro.
#AsPontes #OrgulloPontés #DeporteBase #Ciclismo

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies