Noticias e alertas

🌞🎶 AS PONTES VIVIRÁ UNHA XORNADA HISTÓRICA COA ECLIPSE SOLAR TOTAL O lago das Pontes será o escenario dun dos momentos...

05/08/2026

🌞🎶 AS PONTES VIVIRÁ UNHA XORNADA HISTÓRICA COA ECLIPSE SOLAR TOTAL
O lago das Pontes será o escenario dun dos momentos máis especiais do próximo 12 de agosto, cun concerto gratuíto de Treixadura - Galicia organizado pola Deputación da Coruña con motivo da eclipse solar total.
🎻 A actuación terá lugar ás 21.30 horas na contorna do lago das Pontes, unha vez rematada a observación do eclipse e coincidindo co solpor, nunha xornada que combinará música, cultura e divulgación científica.
A cita forma parte da programación “Os Concertos da Eclipse”, unha iniciativa que achegará tamén a música galega a outros espazos singulares da provincia con actuacións de Luar na Lubre en Valdoviño, Milladoiro en Muros e Susana Seivane en Fisterra.
A eclipse solar total supón un acontecemento astronómico excepcional: Galicia non vivía un fenómeno destas características desde 1912 e non volverá repetirse ata o ano 2180.
📍 O lago das Pontes convértese así nun dos escenarios protagonistas desta celebración única.
Máis info: https://vive.aspontes.org/a-deputacion-da-coruna-organiza-…/
#AsPontes #EclipseSolar #Treixadura #Cultura #DeputaciónDaCoruña

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies