COMPARTIMOS
🌞🌑 Xa está en marcha a campaña "Prepárate para o Eclipse co Comercio Local"!
Do 5 ao 12 de agosto, mercar no comercio local das Pontes pode ter premio. Unha iniciativa impulsada por COHEMPO para fomentar as compras de proximidade e preparar a veciñanza para desfrutar con seguridade do eclipse solar do vindeiro 12 de agosto.
🛍️ Como participar?
Fai as túas compras nos establecementos adheridos á campaña e proba sorte sacando unha bóla:
⚫ Bóla negra: gaña unhas gafas homologadas para observar o eclipse solar con total seguridade.
🟡 Bóla amarela: leva un vale de compra de 5 € para trocar nos establecementos participantes.
⚪ Bóla branca: entra no sorteo de catro vales de 50 € para gastar nas ópticas adheridas á campaña.
🎁 Nesta campaña repartiranse 1.000 gafas homologadas para a observación do eclipse, ademais de vales de compra e premios que poderán empregarse no comercio local.
🏪 Establecementos participantes:
• Texas Moda
• Nexo Centros Veterinarios
• Aserrín
• Dulce Hogar Galicia
• Calzados Saavedra
• VL Moda
• Xoiería Carballeira
• La Estrella
• Novalux Óptica & Centro Auditivo
• Farmavida
• Opticalia
• Electricidad Elicio Gómez
• Lujo Diseño y Publicidad
• Vilaboy Moda
• Óptica Baamonde
• Calzados Pajón
• Calzados Criado
• La Cottonería
• Óptica Carmela
🌞 O 12 de agosto agárdanos un eclipse solar excepcional. Prepárate para vivilo con seguridade e aproveita esta campaña para apoiar o comercio de proximidade.
🍀 Merca no comercio local, participa... e moita sorte!
🤝 Campaña promovida por COHEMPO, coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e o Concello das Pontes.