🌊✨ O Mar de Lecer está de volta!
Este venres, 7 de agosto, o Lago das Pontes será o punto de encontro para desfrutar dunha tarde-noite repleta de música, animación e actividades para todos os públicos.
Ao longo da xornada sucederanse os espectáculos de rúa, a música en directo, o tradicional espectáculo pirotécnico e a sesión final de DJ, nunha contorna única para vivir o verán nas Pontes.
🕕 Programación:
🎪 18:00 h | Fredy Circanelo
🎭 20:00 h | Troula Animación – Psicodelia
🎺 21:30 h | Galifunk Brass – Xira 26
🎆 23:00 h | Espectáculo pirotécnico
🎧 23:15 h | DJ Chiña
🎨 O cartel desta edición é obra do artista pontés Luis Torrente, que asina a imaxe dun dos eventos máis destacados do verán.
📍 Lago das Pontes
💙 Anímate a compartir unha noite especial con familia e amizades. Agardámoste!
#MarDeLecer #AsPontes #VeránNasPontes #LagoDasPontes #GozaAsPontes #Cultura