Noticias y alertas

💙🤝 35 anos de irmandade entre As Pontes e Lesneven 🇪🇸🇫🇷 👥 Case 30 persoas participaron este ano na viaxe de inter...

06/08/2026

💙🤝 35 anos de irmandade entre As Pontes e Lesneven 🇪🇸🇫🇷
👥 Case 30 persoas participaron este ano na viaxe de intercambio da Asociación Irmandade As Pontes e Lesneven, nunha nova edición dun encontro que leva xa 35 anos construíndo pontes de amizade, convivencia e fraternidade entre ambas localidades. 💙
📍 Durante varios días, a expedición das Pontes compartiu un intenso programa de actividades coas familias bretoás, que incluíu a recepción institucional no Concello de Lesneven, 🍽️ xantares e ceas en familia, 🧺 un picnic en Saint-Gildas (Guissény), 🎢 a visita ap parque de atraccións Récré des Trois Curés, 🎶 a participación nun Fest Noz, ⛴️ a excursión á illa de Batz, 🏰 a visita ao castelo de Kerjean, 🌊 unha xornada de praia con actividades como kayak e paddle, 🛍️ o mercado de Lesneven, 🏛️ o Musée du Léon e 🎯 xogos tradicionais bretóns, ademais de numerosos momentos de convivencia que continúan fortalecendo os vínculos entre ambas comunidades.
🖼️ A expedición contou tamén co acompañamento da concelleira de Cultura, que fixo entrega dun cadro agasallo de Artpo, como símbolo da amizade que une As Pontes e Lesneven.
❤️ Desde o Concello das Pontes queremos expresar o noso máis sincero e emotivo agradecemento á Irmandade As Pontes- Lesneven polo seu compromiso, dedicación e enorme traballo para facer posible este intercambio ano tras ano.
Trinta e cinco anos de irmandade non serían posibles sen o esforzo, a ilusión e a entrega das persoas que mantiveron vivo este proxecto xeración tras xeración. 👏
🤝 Grazas tamén ao Jumelage de Lesneven polo seu compromiso con este irmandamento e, dun xeito moi especial, ás familias bretoás 🏡, que abriron as portas das súas casas e dos seus corazóns ❤️ para acoller ás nosas veciñas e veciños con agarimo, hospitalidade e xenerosidade.
🌍 35 anos despois, As Pontes e Lesneven seguen demostrando que a amizade, a cultura e a convivencia son a mellor maneira de tender pontes entre pobos.
💙 Grazas a todas as persoas que o facedes posible. Por moitos anos máis de irmandade! 🇪🇺✨

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies