COMPARTIMOS 🚀 Servizo gratuíto de apoio á dixitalización para pemes, persoas autónomas e emprendedoras
A Oficina Acelera Pyme de ITG pon á disposición de pemes, persoas autónomas, empresas de nova creación e persoas emprendedoras con proxectos tecnolóxicos un servizo gratuíto de Caracterización Tecnolóxica e Diagnóstico Dixital.
🔎 En que consiste este servizo?
O obxectivo é axudar a identificar oportunidades de mellora tecnolóxica e ofrecer orientación para avanzar na transformación dixital dos negocios e proxectos.
O servizo desenvólvese en dúas fases:
✅ 1. Caracterización Tecnolóxica
A través dun breve formulario, cada empresa ou persoa emprendedora recibe un informe inicial con posibles melloras tecnolóxicas adaptadas á súa situación actual.
✅ 2. Diagnóstico Dixital
Se se decide continuar, realízase unha sesión de asesoramento máis personalizada para analizar unha tecnoloxía concreta e elaborar un plan de dixitalización con recomendacións priorizadas, unha estimación orientativa de custos e información sobre axudas públicas e provedores tecnolóxicos.
💡 Este apoio tamén pode axudar a:
• Estruturar e concretar proxectos tecnolóxicos.
• Identificar solucións dixitais adecuadas.
• Mellorar a proposta de valor dun negocio.
• Valorar alternativas para impulsar o crecemento dun proxecto.
Un servizo de orientación para facilitar a toma de decisións no proceso de dixitalización: non implica a adquisición gratuíta de tecnoloxías, non obriga a contratar provedores e tampouco esixe executar as recomendacións propostas.
📲 Se tes unha empresa, es persoa autónoma ou estás a desenvolver un proxecto tecnolóxico, infórmate e dá un paso máis cara á dixitalización.