🎶 Treixadura porá a banda sonora á noite histórica da eclipse solar total nas Pontes
O vindeiro 12 de agosto, o lago das Pontes acollerá un concerto gratuíto de Treixadura, organizado pola Deputación da Coruña, como broche de ouro a unha xornada única marcada pola eclipse solar total.
🕤 A actuación comezará ás 21.30 horas, unha vez rematada a observación da eclipse e coincidindo co solpor, nun escenario privilexiado onde a mellor música tradicional galega acompañará un dos acontecementos astronómicos máis extraordinarios das últimas décadas.
Este concerto forma parte da programación "Os Concertos da Eclipse", unha iniciativa que levará a música galega a espazos singulares da provincia.
🌑 Galicia non vivía unha eclipse solar total desde 1912 e non volverá producirse outra ata 2180. Un motivo máis para achegarse ás Pontes e vivir unha noite inesquecible.