Noticias y alertas

🥇🚣 Grandes resultados para o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes no Campionato Galego de Pista O domingo, 9 de...

10/08/2026

🥇🚣 Grandes resultados para o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes no Campionato Galego de Pista
O domingo, 9 de agosto, dous padexeiros do Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazáronse ata o encoro de Pontillón de Castro para participar no Campionato Galego de Pista, nunha edición na que, debido á escaseza de auga, a competición se disputou sobre a distancia de 500 metros.
🏆 Na modalidade K1 masculino veterán, Toni Polo superou as eliminatorias cun segundo mellor tempo, logrando así o pase á final, onde realizou unha magnífica actuación que lle permitiu proclamarse 🏅campión galego.
🥉 No K2, formando parella con Jose Ángel Pico, Toni Polo volveu subir ao podio, conseguindo un meritorio terceiro posto tras competir de igual a igual cos mellores padexeiros da categoría.
👏 Desde o Concello das Pontes queremos felicitar a Polo, a Jose Ángel Pico e a todo o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes por estes excelentes resultados e polo seu compromiso e dedicación co deporte.
💙 Parabéns por levar o nome das Pontes ao máis alto do piragüismo galego!

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies