Noticias y alertas

🏆🏁 Alberto Meira proclamouse, esta pasada fin de semana, vencedor do II #Rallyshow das Pontes, a cita central desta fe...

17/08/2026

🏆🏁 Alberto Meira proclamouse, esta pasada fin de semana, vencedor do II #Rallyshow das Pontes, a cita central desta festa do motor organizada na localidade por parte da Deputación da Coruña e que congregou máis de 12.000 afeccionados nas bancadas do circuíto automobilístico das Pontes.
🚘 A competición contou cunha trintena de pilotos e fóra da pista, do meramente deportivo, un dos puntos con maior ambiente foi a Fan Zone, onde as persoas asistentes puideron 📸 fotografiarse cos pilotos e conseguir os seus 📝 autógrafos.
🍔 A programación incluíu un circuíto de educación viaria e houbo unha ampla zona de restauración. A xornada finalizou cun 🎶 broche musical que estivo a cargo de Sés.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies