Noticias y alertas

🛶📢 Sete padexeiras do Club Nautico Folixa das Pontes participarán no 2026 IBCPC Participatory Dragon Boat Festival, Fr...

24/08/2026

🛶📢 Sete padexeiras do Club Nautico Folixa das Pontes participarán no 2026 IBCPC Participatory Dragon Boat Festival, France, que se celebra no lago Bouget de Francia.
🌏🎗️ A cita internacional, que comeza hoxe, 24 de agosto, e remata o día 30, reunirá a máis de 320 equipos, todos eles formados por mulleres superviventes de cancro de mama.
🙌 As representantes das Pontes formarán parte do equipo da Asociación Española de Dragon Boat (AEDB), unha selección que reúne a máis de 110 palistas pertencentes a equipos de diferentes puntos de España.
🫂 Máis aló da competición, será unha viaxe marcada especialmente pola convivencia, o compañeirismo e a unión entre todas as integrantes do equipo, alén dunha oportunidade para seguir dando visibilidade aos beneficios do dragon boat para as sobreviventes de cancro de mama.
A desfrutar desta cita internacional e desta experiencia marabillosa! 💪

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies