Noticias e alertas

COMPARTIMOS 🏆 O Club Náutico Folixa leva o nome das Pontes e Galicia máis alá das nosas fronteiras O Club Náutico Foli...

02/09/2026

COMPARTIMOS
🏆 O Club Náutico Folixa leva o nome das Pontes e Galicia máis alá das nosas fronteiras
O Club Náutico Folixa participou no IBCPC Participatory Dragon Boat Festival, celebrado en Aix-les-Bains (Francia), xunto a mulleres superviventes de cancro de mama chegadas de todo o mundo.
A representación pontesa formou parte do Mollitiam, unha embarcación integrada por sete equipos de toda España, que acadou un espectacular 10.º mellor tempo entre 156 equipos de todo o mundo nos 200 metros, ademais da 31.ª posición nos 1.000 metros.
O festival deixou tamén momentos especialmente emotivos. A pontesa Raquel Calvo foi aabandeirada na cerimonia de apertura, mentres que Tania Casal participou na emotiva Cerimonia das Flores, dedicada a lembrar e homenaxear as compañeiras que xa non están.
Do 28 ao 30 de agosto, o club tamén estivo representado en Francia por Gus Presa, participante no Open Internacional de Waveski Surfing, celebrado en Lacanau. Presa acadou a terceira posición na súa semifinal Máster e rematou nunha meritoria quinta posición da súa categoría.
💙 Máis alá dos resultados deportivos, o Club Náutico Folixa regresa de Francia cunha experiencia inesquecible e co orgullo de levar o nome das Pontes e Galicia a encontros e competicións internacionais.
👏 Parabéns a todas as persoas integrantes do Club Náutico Folixa por estes excelentes resultados e por representar tan ben o noso concello!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies