Noticias e alertas

⚡ As Pontes dá un paso decisivo para consolidarse como gran polo industrial e enerxético O avance na tramitación do nó e...

02/09/2026

⚡ As Pontes dá un paso decisivo para consolidarse como gran polo industrial e enerxético
O avance na tramitación do nó eléctrico Maciñeira-Naraío supón un novo impulso para o futuro industrial e enerxético das Pontes e abre a porta á implantación de novos grandes proxectos consumidores de enerxía, así como de instalacións de xeración e almacenamento.
O alcalde, Valentín González Formoso, destaca que este avance «é un paso máis cara á consolidación das Pontes como un dos maiores centros industriais enerxéticos do Estado».
👉 O proxecto contempla dúas novas subestacións de 400 kV, en Maciñeira e Naraío, e novas liñas de transporte eléctrico que atravesarán, entre outros municipios, As Pontes, As Somozas e San Sadurniño.
«Este paso que dá o Goberno significa que nas Pontes poderán instalarse grandes centros industriais consumidores de enerxía e grandes instalacións de xeración enerxética, así como de almacenamento», sinala o alcalde.
🏭 Xunto cos proxectos industriais xa confirmados, estas novas infraestruturas marcan unha nova etapa de transformación e crecemento para As Pontes.
O Concello aposta por anticiparse a esta nova realidade e planificar os servizos, equipamentos e infraestruturas necesarios para acompañar o desenvolvemento industrial e económico do municipio.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-da-un-paso-decisivo-na…/
#AsPontes #Industria #Enerxía #MaciñeiraNaraío #DesenvolvementoIndustrial #transiciónenerxética
📷 Jorge Meis

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies