Noticias e alertas

🎨 ORGULLO PONTÉS Hai talento que nace aquí e chega moi lonxe. Wedo Goás, artista pontés, leva anos facendo que o nome d...

02/09/2026

🎨 ORGULLO PONTÉS
Hai talento que nace aquí e chega moi lonxe. Wedo Goás, artista pontés, leva anos facendo que o nome das Pontes estea presente no mundo da arte urbana.
🏘️ Aquí tamén está a súa pegada con dous murais que forman parte do noso patrimonio artístico: 🌙 Hai un galego na lúa, na avenida de Galicia e ⚔️ García Rodríguez de As Pontes, dedicado ao nobre que dá nome á nosa vila.
🏆 En 2025, a súa obra As Mouras, realizada en Fene, foi recoñecida como Mellor Mural do Mundo por Street Art Cities.
Agora, Wedo continúa levando o seu talento por Galicia e polo mundo, cunha traxectoria que xa suma participación en numerosos festivais nacionais e internacionais.
💙 Que orgullo que un pontés estea entre os grandes nomes do muralismo e leve o nome de As Pontes tan lonxe.
👏 Parabéns, Wedo, polo teu talento, pola túa traxectoria e por seguir facendo arte que fala de nós.
Máis info: https://www.cope.es/…/pontes-wedo-goas-presenta-mural-carin…

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies