Noticias y alertas

🎭✨ VOLVE A CULTURA AO CINE ALOVI! ✨🎭 Despois do verán, regresa a programación cultural ao Auditorio Municipal Cine Alo...

02/09/2026

🎭✨ VOLVE A CULTURA AO CINE ALOVI! ✨🎭
Despois do verán, regresa a programación cultural ao Auditorio Municipal Cine Alovi cun setembro dedicado ao teatro afeccionado. ❤️ Tres sábados, tres propostas e moitas ganas de volver desfrutar do teatro.
🎭 SÁBADO 12 DE SETEMBRO · 20:00 H
PAIXÓN DE BULEVARES. ✨ ESTREA de Teatro Amador Q Mais Ten Teatro
Unha nova proposta teatral coa que damos comezo á programación de setembro.
🎭 SÁBADO 19 DE SETEMBRO · 20:00 H
TARTUFO, DE MOLIÈRE. Teatro Kumen · Langreo . Esta función forma parte de CITA, o Ciclo de Teatro Amador organizado pola Federación de Teatro Amador de Galicia (FeteaGal), en colaboración con distintas entidades locais e Escenamateur.
🎭 Tartufo é unha comedia clásica de Molière que conta a historia dun falso devoto que consegue gañarse a confianza de Orgón aparentando ser un home virtuoso e relixioso. Aproveitándose da súa credulidade, intentará apoderarse dos seus bens e destruír a súa familia.
🎭 SÁBADO 26 DE SETEMBRO · 20:00 H
DINERO NEGRO da Asociación Teatral Tatrŭm. Outra proposta de CITA · Ciclo de Teatro Amador de FeteaGal, desta vez cunha divertida comedia de Ray Cooney.
💰 Todo comeza cando Carlos García atopa 10 millóns de euros nun maletín ao saír do traballo. Cando chega á casa, a súa muller, Ana, agárdao cunha deliciosa cea de aniversario. Pero Carlos ten outros plans: fuxir canto antes.
❤️ SETEMBRO É TEATRO. SETEMBRO É CULTURA.
📅 12 · 19 · 26 de setembro
⏰ 20:00 h
📍 Auditorio Municipal Cine Alovi
🎟️ ENTRADA GRATUÍTA
Agardámoste no Cine Alovi!
#Cultura #ProgramaciónCultural #CineAlovi #Teatro #TeatroAfeccionado #TeatroAmador #FeteaGal #CITA #Escenamateur #TeatroGalego #PaixónDeBulevares #Tartufo #Molière #TeatroKumen #DineroNegro #RayCooney #Tatrŭm #EntradaGratuíta

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies