COMPARTIMOS 🚣♀️ Gran xornada para o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes no Campionato Galego de K2
O pasado sábado, 5 de setembro, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazouse ata O Grove para participar no Campionato Galego Prebenxamín, Benxamín e Alevín de K2, unha cita na que as categorías máis pequenas foron as grandes protagonistas.
O club pontés conseguiu presentar cinco embarcacións, cunha destacada participación e grandes resultados:
🏅 K2 prebenxamín: Diego e Andrea acadaron a 11ª posición.
🏅 K2 feminino benxamín B: Sara e Helena finalizaron na 8ª posición.
🏅 K2 feminino benxamín A: Celia e Alba lograron a 10ª posición.
🥉 K2 masculino alevín A: Javi e Unai protagonizaron o mellor resultado da xornada, conseguindo unha magnífica 3ª posición e subindo ao podio e Anxo e Álex obtiveron o décimo sétimo posto.
No resultado por clubs, o Grupo Xuvenil As Pontes acadou un meritorio 8º posto, demostrando unha vez máis o gran traballo que se está a realizar desde a base do piragüismo pontés.
👏 Parabéns polo esforzo e os excelentes resultados!
#AsPontes #Piragüismo #GrupoXuvenilAsPontes #Deporte #CampionatoGalego #ODeportePontés