Noticias y alertas

AXUDAS PARA A ESCOLARIZACIÓN 📚 Xa se poden recoller os vales das axudas á escolarización para o curso 2026-2027. Dende...

08/09/2026

AXUDAS PARA A ESCOLARIZACIÓN 📚
Xa se poden recoller os vales das axudas á escolarización para o curso 2026-2027. Dende hoxe, 8 de setembro, as familias beneficiarias das Axudas para a escolarización dos seus fillos e fillas para o curso 2026-2027, do Concello das Pontes, xa poden recoller o vale correspondente á axuda concedida.
📍 Onde?
Oficinas de Servizos Sociais, no 2º andar da Casa Dr. Dopeso.
🕐 Horario: de 8:30 a 14:00 horas.
👤 Quen pode recollelo?
A persoa que solicitou a axuda e figura como beneficiaria no listado deberá presentar o seu DNI.
No caso de non poder acudir persoalmente, poderá autorizar outra persoa, que deberá presentar: A autorización asinada e DNI/NIE da persoa que autoriza.
🛍️ Canxe do vale
O vale é indivisible e canxeable por material escolar polo importe indicado no propio documento.
📅 Poderá utilizarse ata o 30 de novembro de 2026 nos establecementos e entidades colaboradoras que teñan asinado o correspondente convenio de colaboración co Concello das Pontes.
#AsPontes #ConcelloDasPontes #AxudasÁEscolarización #Educación #Curso20262027

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies