COMPARTIMOS 🪵🌳 A madeira une tradición, talento e amizade.
Os días 18, 19 e 20 de setembro, Xermade acolle o XXVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, unha cita que medra cada ano e que este ano contará, por primeira vez, con tres relatores internacionais. 🌍
Durante tres días, Xermade converterase nun punto de encontro para profesionais, artesáns e apaixonados pola tornería, con demostracións, exposicións, talleres e moito máis.
Queremos poñer especialmente en valor o traballo da Asociación Amigos da Madeira das Pontes, impulsora dun proxecto que leva anos defendendo a tornería, difundindo o coñecemento e mantendo vivo un oficio que forma parte da nosa cultura.
💚 Grazas ao seu compromiso, a madeira segue sendo encontro, aprendizaxe, creatividade e futuro. 👏 Parabéns á Asociación Amigos da Madeira de As Pontes por seguir facendo medrar este encontro e por poñer o nome das Pontes e de Galicia no mapa internacional da tornería.
Máis info: https://www.elprogreso.es/…/enco…/202608281604381994478.html
#AmigosDaMadeira #AsPontes #EncontroDeTorneiros #Tornería #Madeira #ArtesaníaGalega #OficiosTradicionais #CulturaGalega #Xermade #Galicia