COMPARTIMOS 🏁 Gran actuación do As Pontes Motorsport no Slalom de Rianxo
O automobilismo pontés volveu ser protagonista na quinta proba do Campionato Xunta de Galicia de Slalom, celebrada en Rianxo, cunha ampla representación do As Pontes Motorsport.
🥇 Aitor Fornos Martínez, ao volante do seu Citroën AX, asinou unha espectacular vitoria e sumou en Rianxo o seu segundo triunfo da tempada.
🥉 Xunto a el, Pablo Castro Pajón, tamén co seu Citroën AX, completou o podio cunha magnífica terceira posición. Un resultado que confirma o excelente momento dos dous pilotos ponteses.
Pero o éxito do As Pontes Motorsport foi tamén colectivo, coa participación de:
🏁 Francisco Rodríguez Coba · BMW E36
🏁 Diego Grandal Gato · Peugeot 106 1.1 · Debutante
🏁 Alejandro Pena Arnoso · Peugeot 205 XTi
🏁 Borja Grandal Díaz · Peugeot 106 GTi
🏁 Marcos Penabad Soto · Citroën AX 1.1 · Debutante
👏 Unha gran representación que pon de manifesto a forza e o compromiso do automobilismo de As Pontes.
Parabéns especialmente a Aitor e Pablo polo seu espectacular resultado, e a todos os pilotos e integrantes do As Pontes Motorsport polo seu traballo e dedicación.
🏎️💨 As Pontes, tamén sobre rodas!
Máis info: https://www.euromotor.app/…/aitor-fornos-suma-en-rianxo-su-…
#AsPontes #AsPontesMotorsport #AitorFornos #PabloCastro #Slalom #Automobilismo #DeporteGalego #CampionatoGalego #Rianxo #OrgulloPontés