Noticias e alertas

🎭 TARTUFO PLAY de Teatro Kumen Unha comedia de Molière sobre as aparencias, o engano e a hipocrisía que, séculos despoi...

14/09/2026

🎭 TARTUFO PLAY de Teatro Kumen
Unha comedia de Molière sobre as aparencias, o engano e a hipocrisía que, séculos despois, segue de plena actualidade.
Orgón, un home rico e profundamente devoto, acolle na súa casa a Tartufo, convencido de que é un home de fe. Pero detrás da súa aparente bondade agochanse outras intencións… 👀
Mentiras, intereses e situacións disparatadas poñerán patas arriba a familia de Orgón nunha divertida adaptación de Tartufo.
🎟️ ENTRADA DE BALDE
📅 Sábado, 19 de setembro
🕗 20:00 h
📍 Auditorio Municipal Cine Alovi
🎭 Teatro para todos os públicos
A función forma parte de CITA, o Ciclo de Teatro Amador, organizado pola Federación de Teatro Amador de Galicia (FeteaGal), en colaboración con entidades locais e Escenamateur.
👉 Unha cita co teatro que non podes perder!
#AsPontes #TartufoPlay #Teatro #TeatroAmador #CITA #FeteaGal #Cultura #ConcelloDasPontes #AxendaCultural

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies