Noticias e alertas

💧 MEDIDAS PREVENTIVAS ANTE A PREALERTA POR ESCASEZA DE AUGA O Concello das Pontes recibiu hoxe unha comunicación de Aug...

14/09/2026

💧 MEDIDAS PREVENTIVAS ANTE A PREALERTA POR ESCASEZA DE AUGA
O Concello das Pontes recibiu hoxe unha comunicación de Augas de Galicia pola que se activa o escenario de prealerta por escaseza de auga na Unidade Territorial de Escaseza UTE 1-4 Ferrol,
Trátase dunha situación de carácter preventivo que require anticiparnos e promover un uso responsable da auga, especialmente durante os meses de verán.
🏛️ QUE VAI FACER O CONCELLO?
Adoptará medidas para incrementar a eficiencia do sistema de abastecemento e reducir os consumos non imprescindibles:
🌳 Limitación do rego de parques e zonas verdes, priorizando os usos necesarios.
⛲ Peche das fontes recreativas.
🚿 Restrición dos baldeos e doutros usos non prioritarios da auga.
📊 Seguimento dos consumos e da evolución da situación para adaptar as medidas se fose necesario.
👥 QUE PODE FACER A VECIÑANZA
🚿 Reducir o tempo das duchas e evitar deixar correr a auga innecesariamente.
🚰 Pechar a billa mentres lavamos os dentes, nos afeitamos ou realizamos outras tarefas.
🧺 Poñer a lavadora e o lavalouzas cando estean cheos e utilizar programas eficientes.
🌱 Reducir o rego de xardíns e plantas E empregar auga de rego de forma moderada.
🚗 Evitar lavar vehículos con mangueira
🔧 Revisar billas, cisternas e instalacións para detectar e reparar posibles fugas
♻️ Aproveitar, sempre que sexa posible, auga para usos domésticos secundarios, como o rego de plantas.
👉 Cada litro conta. Pequenos xestos no día a día poden contribuír de maneira importante a preservar os recursos dispoñibles.
Esta prealerta é unha chamada á prevención e á responsabilidade colectiva. 🤝 A colaboración da veciñanza, dos comercios e das actividades económicas é fundamental.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies