🏡 As Pontes contará cunha nova Casa de Acompañamento ás Persoas Maiores
A Deputación da Coruña presentou hoxe o proxecto arquitectónico da futura Casa Pardo Bazán, que será o primeiro centro do novo modelo residencial provincial. 💙
🌿 Unha pequena aldea pensada para vivir como na casa
👵👴 Capacidade para 59 persoas
🏠 4 unidades de convivencia, concibidas como pequenos fogares autónomos
🌳 Máis de 1.000 m² de patios, xardíns e espazos exteriores
♿ Todo o edificio nunha única planta, favorecendo a accesibilidade e a autonomía
🤝 Espazos para actividades, familias e participación da comunidade
☀️ Medidas de eficiencia enerxética e sustentabilidade
O proxecto gañador, “Aldea Aberta”, foi deseñado polo arquitecto Hugo Araujo Lázare e resultou seleccionado entre 49 propostas presentadas ao concurso de ideas. 🏆
💬 O obxectivo? Crear un espazo no que as persoas maiores poidan manter as súas rutinas, recibir ás súas familias, pasear, participar nas actividades e sentirse como na súa propia casa.
📍 As Pontes será o punto de partida dun novo modelo que a Deputación prevé estender tamén a Rianxo e Ordes.
Máis info: https://vive.aspontes.org/a-deputacion-presenta-o-proxecto…/
#AsPontes #CasaPardoBazán #PersoasMaiores #AldeaAberta #Coidados #DeputaciónDaCoruña