🐾 As Pontes xa conta cun novo parque canino!
O Concello das Pontes pon en funcionamento un novo espazo de 775 m², na Canle IV, pensado para o exercicio, o lecer e a socialización dos cans, nun contorno seguro e adaptado ás súas necesidades.
🐶 O recinto conta con sete elementos de adestramento e enriquecemento canino: túnel, balancín, salto de altura, salto de lonxitude, empalizada, pasarela e roda.
🌳 A actuación supuxo un investimento de preto de 20.000 euros e inclúe, entre outras melloras, a adecuación e nivelación do terreo, drenaxe e un peche perimetral para garantir a seguridade dos animais.
Un novo equipamento público para que as nosas mascotas poidan correr, xogar, explorar e relacionarse, favorecendo tamén unha convivencia responsable no municipio. 💚
👉 Desde o Concello lembramos a importancia de facer un uso responsable da instalación, respectando as normas de convivencia, mantendo limpo o recinto e coidando tanto dos animais como do resto das persoas usuarias.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-estrea-un-parque-canin…/
#AsPontes #ParqueCanino #BenestarAnimal #ConvivenciaResponsable #Mascotas #ConcelloDasPontes