Noticias e alertas

📺 AVISO IMPORTANTE: CAMBIOS NA TELEVISIÓN TDT 📅 O próximo martes 22 de setembro realizaranse cambios no sinal de telev...

18/09/2026

📺 AVISO IMPORTANTE: CAMBIOS NA TELEVISIÓN TDT
📅 O próximo martes 22 de setembro realizaranse cambios no sinal de televisión que chega desde o centro de Fontardión.
📍 Estes cambios afectarán aos veciños e veciñas das seguintes zonas:
🟢 A FAEIRA
• Azoreira
• Faeira
• O Pazo
• Terbá
• Benade
🔵 GOENTE
• Cascalisto
• Goente
• O Palmeiro
• A Pena do Millo
• O Piñeiral
• Os Regalados
🟠 SAN PEDRO DE EUME
• Os Cadavás Pequeno
• Os Cameleiros
• Cornas
• O Couce
• A Cruz do Rosende
• A Filgueira
• A Louseira
• Paipaz
• Pereira de Abaixo
• O Ramallal
📺 QUE HAI QUE FACER?
As persoas das vivendas afectadas deberán volver buscar as canles de televisión para poder velas correctamente.
👉 É moi sinxelo: hai que entrar no menú do televisor e seleccionar a opción “Busca automática”, “Sintonización automática” ou “Buscar canles”, segundo o modelo de cada televisor.
🏠 ANTENAS COMUNITARIAS
No caso de vivendas con antena comunitaria, pode ser necesario que un técnico revise ou adapte a instalación.
📡 QUE CANLES SE PODERÁN VER?
A televisión seguirá ofrecendo as canles habituais, aínda que algunhas cambiarán de frecuencia, entre elas:
TVE · La 2 · Clan · 24 Horas · Teledeporte · TVG · G2 · TVG UHD · Telecinco · Cuatro · Antena 3 · La Sexta · Neo
☎️ Dúbidas: 881 866 388
🌐 Máis información: www.tdtgalicia.gal

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies