🎨 PRAZAS VACANTES NAS ESCOLAS MUNICIPAIS CULTURAIS 2026-2027
📅 O Concello das Pontes publica o listado de prazas vacantes nas escolas municipais culturais para o curso 2026-2027 e abre o prazo de inscrición para o alumnado de novo ingreso.
🗓️ Prazo de inscrición: do 22 ao 29 de setembro
💻 A solicitude deberá realizarse, preferentemente, de forma telemática a través da sede electrónica do Concello.
Se non dispós de medios ou coñecementos para realizar a inscrición online:
📄 Podes descargar os impresos na páxina web municipal ou acudir ao Departamento de Cultura, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 h, onde se facilitarán os formularios de matrícula.
Unha vez cubertos e asinados, poderán presentarse:
➡️ No Departamento de Cultura
➡️ Por correo electrónico: cultura@aspontes.org
🎟️ Adxudicación das prazas
Se a demanda non supera o número de prazas dispoñibles, a adxudicación será directa.
Se hai máis solicitudes que prazas, realizarase sorteo público o 1 de outubro ás 10:00 h na Casa Dopeso.
📩 O Departamento de Cultura comunicará por correo electrónico ou teléfono a adxudicación da praza e facilitará ao novo alumnado as instrucións e os prazos para realizar o pagamento da matrícula.
👉 Consulta o listado de prazas vacantes https://vive.aspontes.org/prazas-vacantes-escolas-municipa…/
#AsPontes #Cultura #EscolasMunicipais #Curso20262027 #EducaciónCultural #Inscrición