Noticias e alertas

COMPARTIMOS ⚽️🏆 Recoñecemento ao talento e ao traballo do deporte local Onte celebrouse en Lugo o Día do/a Adestrador/a...

21/09/2026

COMPARTIMOS ⚽️🏆 Recoñecemento ao talento e ao traballo do deporte local
Onte celebrouse en Lugo o Día do/a Adestrador/a, organizado polo Comité Galego de Adestradores da RFGF, unha xornada que reuniu grandes nomes do fútbol galego e na que tamén estivo presente o talento deportivo das Pontes.
👏 Un dos técnicos do Lago Sport, Diego Paz, foi convidado como adestrador destacado e recibiu un merecido recoñecemento polo seu traballo. 🏆
Durante a xornada, os asistentes puideron escoitar figuras do fútbol como Quique Setién, David Gordo, Clàudia Pons e Jorge Basanta, nun encontro dedicado á formación, á aprendizaxe e ao papel fundamental dos adestradores.
💙 Desde o Concello das Pontes queremos felicitar a Diego e ao Lago Sport por este recoñecemento, que pon en valor o importante labor que se está a desenvolver desde o fútbol base e a aposta pola formación d@s nos@s deportistas.
👏 Noraboa, Diego! E parabéns polo traballo diario e polo compromiso co deporte das Pontes.
#AsPontes #ConcelloDasPontes #FútbolBase #DeporteNasPontes #RFGF #Adestradores #DeporteLocal

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies