Noticias y alertas

🏄‍♂️🥈 Iván Pena, sucampión do mundo na Sopela Kosta Fest O nome de As Pontes volve soar con forza no deporte internaci...

22/09/2026

🏄‍♂️🥈 Iván Pena, sucampión do mundo na Sopela Kosta Fest
O nome de As Pontes volve soar con forza no deporte internacional da man do deportista do Club Náutico Folixa, Iván Pena, que esta pasada fin de semana acadou o segundo posto na categoría Master HP na Sopela Kosta Fest – World Cup, celebrada na praia de La Salvaje, en Sopela.
A competición, organizada pola World Surf Kayak Association (WSKA) e a Federación Vasca de Piragüismo (FVP), estivo marcada por unhas condicións de mar moi esixentes, especialmente durante a xornada do sábado.
O domingo, con mellores condicións, disputáronse unhas finais nas que Iván conseguiu unha brillante segunda posición, cunha puntuación de 10,07 puntos, só por detrás do inglés James Hawker.
🏆 Pero a fin de semana aínda lle reservaba outro recoñecemento. Iván recibiu o premio Best Wipeout, concedido á caída máis espectacular do campionato, tras protagonizar un dos impactos máis espectaculares nas duras condicións de mar da proba.
💙 Este novo resultado é tamén un motivo de orgullo para As Pontes e para todo o deporte pontés. O éxito de Iván contribúe, ademais, a levar o nome do Club Náutico Folixa e do noso municipio máis alá das nosas fronteiras.
O Folixa está a vivir un ano especialmente intenso, con participación en diferentes competicións internacionais de Waveski, barco dragón e kayak surf, demostrando o talento, a constancia e a capacidade dos nosos deportistas para competir ao máis alto nivel.
🚀 E isto non para. Os próximos retos serán o IV Festival Anochecer de Barco Dragón, que se celebrará o 3 de outubro en Trasona (Asturias), e posteriormente o Campionato do Mundo de Paddle Surf da ICF en Italia, onde Iván Pena competirá na modalidade Sprint Máster.
👏 Parabéns, Iván! Por cada adestramento, por cada competición, por cada caída e por cada éxito. Porque detrás de cada resultado hai moito esforzo e porque, cada vez que un deportista pontés chega máis lonxe, As Pontes tamén chega con el.
💙 Orgullo pontés. Orgullo do noso deporte.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies