COMPARTIMOS 🚣♀️💙 NOVOS RETOS, MESMA ILUSIÓN 💙🚣♀️
A deportista pontesa Elena Corrales Naveiras, palista do Náutico Folixa das Pontes, segue sumando retos á súa traxectoria deportiva. 👏
Aos seus 47 anos, Elena afrontou por primeira vez unha competición de OC1 (Ocean Outrigger), participando nunha esixente proba de 10 quilómetros celebrada en Marín. 🌊💪
Un novo desafío ao que chegou despois de máis dun mes alejándose a esta modalidade e que compaxina actualmente co adestramento en barco dragón.
Nunha disciplina na que aínda son poucas as mulleres que compiten tanto en Galicia como no conxunto de España, Elena deu o paso con ilusión, orgullo e moitas ganas de seguir aprendendo. 💜👏
Porque o deporte tamén é isto: atreverse, aprender, superar límites e descubrir novos camiños, sen importar a idade. ✨
🥰 Parabéns, Elena, por este novo reto e por levar con orgullo o nome das Pontes polo mundo do deporte!
💙 Orgullo pontés! 💙
#AsPontes #OrgulloPontés #ElenaCorrales #NáuticoFolixa #OC1 #OceanOutrigger #BarcoDragón #DeportePontés #MulleresNoDeporte #Deporte #AsPontes