🍂 AS PONTES VIVE UN OUTONO CHEO DE CULTURA! 🎭🎶📚
Outubro chega ás Pontes cunha programación cultural variada e para todos os públicos, con música, teatro, cine, literatura, actividades infantís, exposicións e propostas vinculadas á nosa tradición.
Durante todo o mes poderemos desfrutar de espectáculos como A Odisea, El ser querido, Digger, Salvaxe Salvaxe, Voo ou O Rato Pérez; do fado de Sara Correia; de presentacións literarias, obradoiros, contacontos, cantos de taberna e do Concerto de Outono de Coros.
A programación inclúe tamén citas xa consolidadas como a XV Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente e a XXI Feira de Fungos e Ecoloxía, ademais de actividades relacionadas coa micoloxía e a iniciativa “As Pontes, Terra de Cogomelos”. 🍄
A Casa Dopeso, a Biblioteca Municipal e o A.M. Cine Alovi serán algúns dos principais escenarios desta completa programación, que contará tamén coas exposicións “Nós somos elas” e “O Mundo da Micoloxía”.
📅 Todo un mes para vivir, compartir e desfrutar da cultura nas Pontes.
👉 Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-vive-un-outono-cheo-de…/
#AsPontes #Cultura #OutubroCultural #CulturaNasPontes #AxendaCultural #Galicia #OutonoNasPontes