COMPARTIMOS 🚣♂️ O Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes destaca no Descenso Internacional do Sil
O pasado sábado 12 de setembro, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes participou no prestixioso Descenso Internacional do Sil, unha das citas destacadas do calendario de piragüismo, cun percorrido entre Sobradelo de Valdeorras e O Barco de Valdeorras.
A participación pontesa deixou excelentes resultados, que permitiron ao club acadar o 5º posto na clasificación xeral por equipos. 👏 No apartado individual, estes foron os resultados acadados:
🥈 2º posto – K1 Veterán Masculino: J. Ángel Pico
🥉 3º posto – K2 Xuvenil Masculino: Dani Ferro e Adri Filgueira
🏅 4º posto – K2 Senior Masculino: Antón García e J. Antonio Menéndez
🏅 4º posto – K1 Veterán Masculino: Ernesto Gancedo
🏅 8º posto – K1 Senior Masculino: Xalo García
🏅 9º posto – K1 Cadete Masculino: Xoel Timiraos
👏 Parabéns a todos os deportistas e ao Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes por estes magníficos resultados e por levar o nome das Pontes ao máis alto do piragüismo galego!
#AsPontes #Piragüismo #Deporte #GrupoXuvenilAsPontes #DescensoInternacionalDoSil