🧠💪 O programa Activamente xa está en marcha!
O Concello das Pontes, a través da Área de Benestar Social e co apoio da Deputación da Coruña, pon novamente en marcha Activamente, o programa de actividades dirixido ás persoas maiores de 60 anos do municipio.
🤝 Este ano, a iniciativa xa se está desenvolvendo nas oito asociacións veciñais participantes: FOCAPA, Campeiras, Panceiras de Bermui e Ribadeume, Magdalena, San Pedro do Eume, Encoro da Ribeira (Marraxón), Raíces de Goente e Vincallo.
A través de actividades físicas 🏃♀️ e de estimulación cognitiva 🧩, Activamente busca promover un envellecemento activo e saudable, contribuíndo ao mantemento da autonomía, da saúde física e mental e das capacidades cognitivas.
💙 Con esta nova edición, o Concello das Pontes continúa apostando polo envellecemento activo, a autonomía e o benestar das persoas maiores, creando espazos para seguir aprendendo, compartindo e desfrutando en comunidade.
#Activamente #AsPontes #BenestarSocial #Maiores #EnvellecementoActivo #DeputaciónDaCoruña