COMPARTIMOS 🌿⛏️ As Pontes avanza na creación de novas experiencias turísticas ligadas á súa historia e á transición enerxética.
A localidade acolleu ontes primeira sesión formativa da Rede de Destinos Turísticos do Carbón, un proxecto de ámbito estatal que busca poñer en valor a transformación do territorio mineiro.
O traballo desenvolverase arredor de tres experiencias:
💧 Ruta da auga, conectando o Eume, os muíños, a actividade industrial e o lago.
🐝 Da escombreira á vida, mostrando a recuperación ambiental, a biodiversidade e a apicultura.
⚡ Unha mirada ao futuro, coa visita a Sotavento e a conexión entre o pasado enerxético e as novas enerxías renovables.
Unha aposta por converter a historia, o patrimonio e a transformación de As Pontes en novas oportunidades turísticas.
Máis info: https://diariodeferrol.elidealgallego.com/…/as-pontes-remem…
#AsPontes #Turismo #TransiciónEnerxética #TurismoIndustrial #Patrimonio #LagoDasPontes