Noticias y alertas

🍯🧀 GOENTE VOLVE SABER A MEL E QUEIXO! 🧀🍯 O vindeiro 11 de outubro, Goente acolle a XVI Feira do Queixo e do Mel, unh...

01/10/2026

🍯🧀 GOENTE VOLVE SABER A MEL E QUEIXO! 🧀🍯
O vindeiro 11 de outubro, Goente acolle a XVI Feira do Queixo e do Mel, unha cita imprescindible para gozar dos sabores da terra e celebrar os nosos produtos de proximidade.
🕙 Desde as 10.00 h
🧀 Queixo
🍯 Mel
🌿 Produtos locais
🎨 Artesanía
😋 Degustación de tapas “con mel e queixo”
👨‍👩‍👧‍👦 Obradoiros para nenos e familias
🥂 Como novidade, o Museo de la Sidra de Nava (Asturias) será o convidado especial desta edición, cun programa propio de actividades:
🍎 11.00 h – Charla sobre a Cultura Sidreira Asturiana
👧 11.00-13.00 h – “Mayando se entiende la xente”, actividade para familias.
🥂 12.00 e 12.30 h – Talleres de escanciado.
🍏 13.00 h – Cata de sidras DOP Sidra de Asturias.
👨‍👩‍👧‍👦 16.00-17.00 h – “Mayando se entiende la xente”.
🥂 16.00 e 16.30 h – Novas sesións de escanciado.
🐝 E a festa comeza xa antes!
Os días 9 e 10 de outubro, a Casa do Mel de Goente acollerá as XXVII Xornadas Apícolas do Eume, dous días dedicados ao mundo da apicultura, ao coñecemento do sector e á posta en valor do mel e do importante papel das abellas.
Unha fin de semana para coñecer, degustar, aprender e compartir arredor do mel, o queixo, os produtos locais e as nosas tradicións. 💛
Agardámoste en Goente! 🍯🧀🐝
Máis info: https://vive.aspontes.org/goente-celebra-o-11-de-outubro-a…/
#FeiraDoQueixoEDoMel #Goente #AsPontes #Mel #Queixo #ProdutoLocal #GastronomíaGalega #Apicultura #XornadasApícolas #CasaDoMel #MuseoDaSidra #SidraAsturiana #Outubro2026

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies